El fondo del aire es rojo
Le fond de l'air est rouge
- 180 minutos
En tres horas e dúas partes, Chris Marker recorda dez anos de historia da esquerda, das revoltas aos exercicios do Estado. Unha maxistral montaxe de arquivos que utiliza imaxes de testemuñas «nun traballo que se opón incesantemente ao dos poderes, que nos quererían sen memoria». Esta memoria é a das utopías e a da súa fin, a fin dun século de ideoloxías. A crónica lírica e melancólica dun fracaso que pesa sobre o mundo contemporáneo. O fondo do aire é grave, como di Marker. O filme componse dunha montaxe de documentos brutos que cobren o período de 1967 a 1977. Coas voces de François Maspero, Yves Montand, François Pérrier, Jorge Semprún, Simone Signoret, Sandra Scarnati, Laurence Cuvellier e Davos Hanish. (Institut Français)
- Ano:1977
- Países de produción: Francia
- Guión: Chris Marker
- Fotografía: Pierre-William Glenn, Willy Kurant
- Montaxe: Chris Marker
- Produtora(s): Dovidis, Iskra
-
El fondo del aire es rojo
Crítica de Israel Paredes en Cine Divergente
Escena do filme
Versión orixinal subtitulada