Su Friedrich. Programa 2
- 79 min.
Sink or Swim (1990, 48 min) + Rules of the Road (1993, 31 min)
Nas dúas películas desta sesión, a autora afronta os seus traumas de separación con distintas estratexias formais.
Sink or Swim supón un retrato arrepiante da tensa relación con seu pai durante a súa infancia, o divorcio de seus pais e o impacto de todo iso na súa vida adulta. Narrada —como mecanismo de distanciamento— por una voz infantil en terceira persoa, a película adopta unha estrutura en entradas ordenadas alfabeticamente, en referencia tanto á profesión de lingüista de seu pai coma a certa tradición de cine estrutural estadounidense, en particular a Zorns Lemma de Hollis Frampton (1970). Formalmente complexa e emocionalmente intensa, esta película converteuse nunha importante referencia do cine autobiográfico.
Cun ton moito máis lixeiro, Rules of the Road, a primeira película en cor de Friedrich, conta a historia da relación coa súa moza a través dun dos obxectos cotiáns compartidos pola parella: un coche marrón e beige tipo rancheira. Cando a relación rompe, o coche pasa a ser propiedade exclusiva dunha delas, mentras que a outra, a narradora, dedícase a filmar obsesivamente todos os modelos idénticos que circulan pola cidade mentres teme velo aparecer en calquera momento coa súa ex ao volante. Sobre as imaxes deste vehículo (nunca o seu) convertido en símbolo, alternándose con cancións populares como se saísen da radio dun coche, a voz da autora comenta nun relato irónico, incisivo e orixinal as vicisitudes da súa relación de parella e algunhas ideas sobre o amor e a familia.
- Ano:1990-1993
- Países de produción: Estados Unidos