Ons
Melania Cruz, Antonio Durán "Morris", Xúlio Abonjo, Marta Lado, Anaël Snoek
- 87 minutos
O regreso á longametraxe de Alfonso Zarauza –seis anos despois d’Os fenómenos- representa o mellor dos seus filmes, triunfador na última cerimonia dos premios Mestre Mateo. Coproducido con Portugal, as prestacións técnicas e artísticas son impecables (actuacións, fotografía, deseño sonoro,…) e Zarauza traza un relato medido, íntimo, enigmático e delicado, un retrato complexo de seres errantes no sentimental co fondo engaiolante da illa de Ons. A chegada ao lugar dunha parella en crise, posiblemente alterada pola morte en accidente da amante do home, intérnanos nun mundo en que o mito e o relativismo de toda noción dan lugar a unha topografía dos sentimentos onde a aparición dunha singular figura creba toda armonía.
- Ano:2020
- Países de produción: España, Portugal
- Guión: Jaione Camborda, Alfonso Zarauza
- Fotografía: Alberte Branco
- Montaxe: Fernando Alfonsín
- Produtora(s): Maruxiña Film Company, Bando Á Parte