
DESLIZAMIENTOS PROGRESIVOS DEL PLACER
Alain Robbe-Grillet, 1974
105´. Subtítulos en castelán.
GLISSEMENTS PROGRESSIFS DU PLAISIR / DESLIZAMIENTOS PROGRESIVOS DEL PLACER
(Francia, 1974)
Dirección e guión: Alain Robbe-Grillet. Produción: Roger Boublil para Cosefa. Fotografía: Yves Lafaye. Intérpretes: Anicée Alvina, Olga Georges-Picot, Michel Lonsdale. Duración: 105 minutos.
Unha moza acusada de matar a muller coa que compartía apartamento durante un ritual satánico, négase a responder aos interrogatorios. Á vítima atópana cunhas tixolas cravadas no corazón e atada á cama. O seu mutismo ante as autoridades lévaa a entrar nun mundo de visións de celas de castigo, alxubes secretos, sotos tenebrosos e torturas. Un mozo, convencido da súa inocencia, pretende chegar ata ela, esvarando progresivamente na mesma sima de praceres e medos que a moza parece invocar. Transgresión e opresión nun filme obxecto de persecución criminal en Italia, que remite a Sade, Sax Rohmer ou a traxedia grega e contén aparicións de Isabelle Huppert, Jean-Louis Trintignant e o propio Robbe-Grillet.