
Decorado+ Esquece Monelos
VV.AA, 2016
87'. DCP. Presentación. Entrada de balde
Decorado
(España, 2016)
Dirección e guión: Alberto Vázquez. Dur: 11’.
Decorado é unha fábula irónica e existencialista sobre o sentido da vida e das nosas relacións. Un híbrido entre o conto de terror e a comedia subversiva. Trátase dun traballo de autor, que alén do argumento ou do contido existencial, contén unha aposta formal inusual e arriscada: unha das características principais é o emprego dunha estética que imita os gravados clásicos do século XIX.
A historia está protagonizada por animais, comúns na animación tradicional, mais que teñen sentimentos e problemas moi humanos, o que fai contrastar a forma e o contido e tingue o filme dun corrosivo sentido do humor.
Esquece Monelos
(España, 2016)
Dirección e guión: Ángeles Huerta. Director: Ángeles Huerta. Fotografía: Jaime Pérez. Dur: 76’.
O documental válese da desaparición do río Monelos baixo a cidade da Coruña para reflexionar sobre como se perde a memoria dos lugares e das súas xentes. Un percorrido polo río que propicia unha viaxe pola vida mesma de quen conta a historia. Un retrato colectivo que fala dos medos e inquedanzas que acompañan o avance inexorable do tempo.