
Konfrontationen 2014
Konfrontationen 2014
- 90 minutos
Konfrontationen é un dos festivais de música libre e improvisada máis vellos de Europa. Ten lugar en Nickelsdorf, Austria, preto da fronteira húngara, onde ás refuxiadas e refuxiados sirios non se lles permite continuar na súa viaxe europea. Esta é unha película sobre o festival de 2014, vinte actuacións onde imaxe e son non sempre van parellos, onde a imaxe confronta o son e o son foxe da imaxe. Un musical onde a forza laboral e a audiencia son tan importantes e esenciais coma os propios músicos.
- Ano:2015
- Países de produción: España
- Fotografía: Alberte Pagán
- Montaxe: Alberte Pagán