DA MAN DA RAÍÑA VERMELLA
Omar Rabuñal e Miguel Corujo, 2007
20´. Vídeo. Presentación a cargo dos seus autores. Entrada gratuíta.
DA MAN DA RAÍÑA VERMELLA
(España, 2007)
Dirección: Omar Rabuñal e Miguel Corujo. Guión: Omar Rabuñal. Produción: Correlo Filmes. Fotografía: Rodrigo Chico. Intérpretes: Omar Rabuñal, Silvana C. Sestelo, Suso Lista. Duración: 20 minutos.
A Bruno parece irlle todo ben na vida. Ten unha moza fermosa, unha vida acomodada e acaba de ser ascendido no seu traballo. Nada lle fai sospeitar que todo isto cambiará no momento en que coñece a Lilith, unha preciosa muller coa que pasa a noite. Ao día seguinte, unha serie de desventurados acontecementos farán que Bruno chegue á total tolemia.