Opening Night
Opening Night
Gena Rowlands, John Cassavetes, Ben Gazzara, Joan Blondell, Paul Stewart, Zohra Lampert, Laura Johnson.
- 144 minutos
Myrtle Gordon, actriz de Broadway, ensaia a súa última obra sobre unha muller incapaz de admitir que envellece. Cando é testemuña da tráxica morte dunha das súas fieis seguidoras, comeza a se enfrontar ao remuíño en que a súa propia vida persoal e profesional se internou. Opening Night, con escenas rodadas en presenza dun público que reacciona con liberdade ás actuacións que ven sobre o escenario, expón o drama dunha actriz que, con gran desgaste persoal consegue facer seus os papeis que interpreta.
- Ano:1977
- Países de produción: Estados Unidos
- Guión: John Cassavetes
- Fotografía: Al Ruban
- Montaxe: Tom Cornwell
- Produtora(s): Al Ruban, Sam Shaw.