
CUERPO A CUERPO
Paulino Viota, 1982.
92´. Presentación de Paulino Viota.
CUERPO A CUERPO
(España, 1982)
Dirección e guión: Paulino Viota. Produción: Piquio Films S.A. Fotografía: Ribes, Madurga, e Carles Gusi. Intérpretes: Ana Gracia, Pilar Marco, Guadalupe G. Güemes, Lulieta Serrano, Manuel de Blas. Duración: 92 minutos.
No verán, mentres está en Santander, Ana pelexa co seu mozo e divírtese coa súa amiga Pilar, pero non soporta a Eugenio, algo parente desta. No inverno, xa en Madrid, Pilar discute co seu antigo amor Jorge e Ana sae con Eugenio (sen deixar de coquetear con Jorge). Non podemos esquecer que polo medio está Mercedes, que perdeu o seu home. Unha memorable comedia, orixinal posta do revés do xénero, escrita por Viota e os seus intérpretes, estruturada por medio de variacións musicais dun quinteto de Brahms e elaborada a través dunha intelixente utilización da montaxe.