
Crónica de un niño solo
Leonardo Favio, 1956
70'. Presentación. Entrada de balde.
CRÓNICA DE UN NIÑO SOLO
(Arxentina, 1956)
Dirección: Leonardo Favio. Duración: 70 minutos.
Leonardo Favio, actor, cantante melódico e cineasta de culto, é autor desta perturbadora obra, considerada a mellor película da historia do cinema arxentino. Do reformatorio ao descampado, seguimos a este neno só por un traxecto ensumido e hipnótico, non exento de certa violencia soterrada; o abandono visto dunha forma oblicua máis próxima á introspección que ao patetismo. Cunhas formas moi particulares, o filme de Favio emparéntase en alma -depende da esquina dende onde se mire- con filmes como Los Olvidados, Mouchette ou Los 400 golpes, por non falarmos do medo enrarecido e inmóbil de La noche del cazador.