CORTÁZAR
Tristán Bauer, 1994.
80´. Entrada gratuíta.
CORTÁZAR
(Arxentina-México, 1994)
Dirección: Tristán Bauer. Guión: Tristán Bauer e Carolina Scaglione. Produción: La Zona (Arxentina). Fotografía:Marcelo Camorino. Duración: 80 minutos.
Prestixioso documental sobre a figura de Julio Cortázar realizado polo director de Iluminados por el fuego (2005) no que apreciamos unha mirada máis poética que propiamente histórica sobre o cosmos de Cortázar, incluíndo unha reconstrución a partir dos seus propios relatos. De enorme difusión, permitiu a Bauer preparar outros retratos nos seus traballos seguintes, nesta ocasión acerca de Evita Perón e Jorge Luis Borges.