CON UÑAS Y DIENTES
Paulino Viota, 1978
98’
CON UÑAS Y DIENTES
(España, 1978)
Dirección: Paulino Viota. Guión: Javier Vega. Produción: Góndola P.C. e Paulino Viota. Fotografía: Raúl Artigot. Intérpretes: Alicia Sánchez, Santiago Ramos, Alfredo Mayo. Dur.: 98 min.
Unha das narracións radicais que indagan e destapan as propias contradicións do suposto espírito de consenso e formula abertamente a “substitución” de poder. Localizada a trama no mundo sindical, relato das salvaxes presións que sofre un dirixente obreiro, moi influída polos coetáneos sucesos de Atocha, o gran e efémero Paulino Viota (“Contactos”, “Cuerpo a cuerpo”) filtra, mediante un sólido e depurado traballo de posta en escena, o entreguismo que conduce á perda de conciencia do proceso histórico e á vitoria do pacto integral abrollado do franquismo.