A CIDADE QUE SE NOS VAI
Carlos Aurelio López Piñeiro, 1979
7´. Vídeo. Entrada gratuíta.
A CIDADE QUE SE NOS VAI
(España, 1979)
Dirección: Carlos Aurelio López Piñeiro. Guión: Xosé Lois Martínez e Carlos Aurelio Piñeiro. Produción: Colexio de Arquitectos. Fotografía: Xavier Villaverde. Duración: 7 minutos.
Encargo do Colexio de Arquitectos de Galicia ao activo Grupo Imaxe, denuncia e describe a especulación inmobiliaria e a degradación medioambiental na cidade da Coruña. Con música de Eno e Propol Vhu e carente de voz narrativa, está estruturado en dúas partes: unha con fotos fixas evocadoras da cidade a inicios do século XX; a segunda un percorrido en coche polo centro que permite observar as galerías, o patrimonio, os signos de identidade (Cidade Vella, Dársena, Praza de Pontevedra) desde unha perspectiva crítica.