A CHILD’S GARDEN AND THE SERIOUS SEA + THE MAMMALS OF VICTORIA
Stan Brakhage, 1991 / 1994
108'. 16mm.
A CHILD’S GARDEN AND THE SERIOUS SEA + THE MAMMALS OF VICTORIA
(Estados Unidos, 1991 + 1994)
Dirección, fotografía e produción: Stan Brakhage. Duración: 108 minutos.
Proxectamos o conxunto de obras de Stan Brakhage coñecido como Vancouver Islands Quartet, realizado ao longo da última década da súa vida. A proxección das catro películas do ciclo Vancouver Islands de Stan Brakhage parte dunha suxestión da revista Lumière, algún de cuxos colaboradores presentará as dúas sesións en que se repartiron estes títulos rodados ou culminados entre 1991 e 2002, pouco antes da morte do director. A Child's Garden and the Serious Sea (1991) é a primeira das películas que forman a serie The Victoria Trilogy, logo Vancouver Island Quartet, se cadra a última obra maior do cineasta, unha vez que se estableceu na illa de Vancouver nos anos finais da súa vida –a serie, onde cada segmento mantén os seus propios elementos, está formada tamén por The Mammals of Victoria (1994), The God of Day Had Gone Down Upon Him (2000) e Panels for the Walls of Heaven (2002)–. Nela examina a infancia da súa segunda esposa, Marilyn, a través da paisaxe mariña de Victoria, en British Columbia. O cineasta intenta somerxerse no mundo dela nunha (auto)biografía que pasa pola transferencia e a identificación co pasado da súa muller.