
Cantando bajo la lluvia
Stanley Donen e Gene Kelly, 1952.
99’. Subt. castelán. Entrada de balde.
SINGIN’ IN THE RAIN / CANTANDO BAJO LA LLUVIA
(Estados Unidos, 1952)
Dirección: Stanley Donen e Gene Kelly. Guión: Adolph Green e Betty Comden. Produción: Loew’s, MGM e RKO. Fotografía: Harold Rosson. Intérpretes: Gene Kelly, Debbie Reynolds, Donald O’Connor. Duración: 99 min.
O ídolo do cinema mudo Don Lockwood posúe fama, fortuna e éxito. Pensa que o ten todo, mais cando coñece a aspirante a actriz Kathy Selden, decátase daquilo que verdadeiramente faltaba na súa vida. Co nacemento do cinema sonoro, Don quere filmar musicais con Kathy, pero entre ambos os dous interponse a raíña do cinema mudo Lina Lamont. Cantando bajo la lluvia é musical, comedia, romance, cinema dentro do cinema e pura emoción. Trátase dunha das mellores películas sobre a propia industria cinematográfica que relata con grande habilidade e humor a pasaxe do cinema mudo ao sonoro. Con interpretacións históricas de Gene Kelly, Debbie Reynolds, Donald O'Connor e Jean Hagen, chea de números musicais memorables que engrenan á perfección na historia, ("Make'Em Laugh", "Good Morning", "You're my lucky Start" ou a mítica "Singin' in the rain") está considerada como un dos mellores filmes de todos os tempos. A partir dos 9 anos.