Anunciaron tormenta
Nieves Posa, Paciencia Tobileri
- 88 minutos
A primeira longametraxe en solitario de Javier Fernández Vázquez, outro dos tres membros do colectivo Los Hijos, investiga un de tantos episodios históricos tan ignotos coma incómodos. En 1904, Ësáasi Eweera, un dos últimos líderes bubis que se opuxeran ás autoridades españolas na illa de Fernando Poo (territorio da actual Guinea Ecuatorial) foi detido por gardas coloniais e levado á forza a Santa Isabel, capital da colonia. No cárcere e gravemente ferido, Ësáasi Eweera morreu tres días máis tarde. A súa aldea foi incendiada e moitos dos seus habitantes desapareceron.
No Archivo General de la Administración encóntrase o expediente que documenta estes feitos. Informes e cartas con diferentes versións do ocorrido expoñen as operacións de ocultación das institucións coloniais. Ao tempo, moitas versións nativas sobreviviron ata os nosos días, opostas á versión oficial (española), enfrontándose ao risco de esquecemento e contribuíndo a unha memoria colectiva propia. O autor sabe conciliar e medir, con poética singular, esta amálgama de información.
-
Fóra de serie
Anunciaron tormenta
Versión lingüística:VOFormato:DCPPresentación e coloquio (virtual) co director. Entrada de balde.
-
-
Fóra de serie
Anunciaron tormenta
Versión lingüística:VOFormato:DCPPresentación e coloquio (virtual) a cargo do autor. Entrada de balde.
- Ano:2020
- Países de produción: España
- Guión: Javier Fernández Vázquez
- Fotografía: Leti Maraña
- Montaxe: Javier Fernández Vázquez
- Produtora(s): Ayuntamiento de Madrid, ECAM, Progressio