![CAFÉ LUMIÈRE CAFÉ LUMIÈRE](https://filmotecadegalicia.xunta.gal/sites/w_pcgai/files/styles/cover/public/programacion_902.jpg?itok=N1flwYNB)
CAFÉ LUMIÈRE
Hou Hsiao-Hsien, 2003.
108´. Subtítulos en galego.
KÔHÎ JIKÔ / CAFÉ LUMIÈRE
(Taiwán-Xapón, 2003)
Dirección: Hou Hsiao-Hsien. Guión: Hou Hsiao-Hsien e T´ien-wen Chu. Fotografía: Pin Bing Lee. Produción: Shochiku Company, Asahi Shimbunsha, Sumitomo Corporation, Eisei Gejiko, Imagica Corp. Intérpretes: Yo Hitoto, Tadanobu Asano, Masato Hagiwara. Duración: 108 minutos.
Yoko, unha escritora que volve á casa de seu pai, cóntalle ao seu compañeiro de traballo un soño no que ela ten un cativo en brazos ao que ve derreterse. Yoko procura a súa relación con algún conto ou lenda xaponesa. Homenaxe do taiwanés Hou Hsiao-Hsien (“Millennium Mambo”) ao mestre Ozu no centenario do seu nacemento, centrándose en elementos afíns como as relacións familiares e as estruturas da vida cotiá.