BRANDY
José Luis Borau, 1963
88'
BRANDY / CAVALCA E UCCIDI
(España-Italia, 1963)
Dirección e guión: José Luis Borau. Produción: Fénix Films e P.E.A. Produzione. Fotografía: Manuel Merino. Intérpretes: Alex Nicol, Maite Blasco, Jorge Rigaud, Antonio Casas. Dur.: 88 min.
Borau debuta na longametraxe neste spaghetti-western en réxime de coprodución propio da época ao que se aplica con dignidade, tendo en conta tanto os condicionantes industriais e narrativos coma as posibilidades de aprendizaxe profesional. Baseada nunha novela de José Mallorquí, a historia dun pistoleiro alcohólico enfrontado aos caciques dunha vila, Losatumba, perfila un exercicio realizado con transparencia e austeridade.