Blanca Madison
Carlos Amil, 2000.
82´. Entrada gratuíta.
BLANCA MADISON (España, 2000) Dirección: Carlos Amil. Guión: Carlos Amil, Daniel Domínguez, Joaquín Jordá e Xan Cejudo, sobre un relato de Boris Vian. Produción: Vici Produccións SL. Fotografía: Ángel Luis Fernández. Intérpretes: Javier Albalá, Mario Gas, María Pilar Pérez Punzano. Duración: 82 minutos. Urbano sae do cárcere e recolle no taxi en Portugal unhas prostitutas para levalas ao club que rexenta Bocanegra, localizado nunha cidade atlántica. Na viaxe crúzase con Blanca Madison, unha cantante de boleros que volve á cidade para vingarse de Bocanegra. Produción galega de inspiración romántica e halo fatalista que, inspirada nun relato de Boris Vian, coñeceu unha irregular distribución.
-
-
Daniel Domínguez no cine. A propósito do libro "Las costuras del guion"
Blanca Madison
Versión lingüística:VOFormato:35mm.Presentación. Entrada de balde.