BARKING DOGS NEVER BITE
Bong Joon-ho, 2000.
106´. Subtítulos en galego.
FLANDERSUI GAE / BARKING DOGS NEVER BITE
(Corea do Sur, 2000)
Dirección: Bong Joon-ho. Guión: Bong Joon-ho, Song Ji-ho e Derek Son Tae-woong. Produción: Cinema Service, Uno Film. Fotografía: Cho Yong-kyou e Jo Yeong-gyu. Intérpretes: Lee Sung-jae, Bae Du-na, Byeon Hie-bong. Duración: 106 minutos.
Director de ”Memories of murder” (2003) e “The Host” (2006), Bong narra a historia dun aspirante a profesor que, mentres pensa en aceptar un suborno, intenta desfacerse dun can molesto que vive no mesmo bloque de edificios que el. Desesperado dá cun can que intenta matar e logo deixa abandonado. Días máis tarde descobre que se equivocou de animal, pero que xa non pode salvar o anterior, xa que alguén o atopou e o empregou como caldo...Comedia negra que obtivo recoñecementos no BAFICI bonaerense e en Sundance.