BALLO A TRE PASSI
Salvatore Mereu, 2003
107´. Subtítulos en castelán. Presentación a cargo do crítico e director italiano Simone Saibene. Entrada gratuíta.
BALLO A TRE PASSI
(Italia, 2003)
Dirección e guión: Salvatore Mereu. Produción: Lucky Red coa participación do MiBAC. Fotografía: Renato Berta, Tommaso Borgstrom, Renato Bravi e Nicolas Franik. Intérpretes: Caroline Ducey, Yaël Abecassis. Duración: 107 minutos.
Catro estacións para vivir Sardeña a través das miradas non convencionais dos seus protagonistas: da dos nenos que descobren por vez primeira o mar á do xubilado Giorgio. Un debut lírico e intenso que significou para Salvatore Mereu o David di Donatello ao mellor director novo e premios en Venecia.