Animación en la sala de espera
Carlos Rodríguez Sanz e Manuel Coronado, 1981
80'. Vídeo.
ANIMACIÓN EN LA SALA DE ESPERA
(España, 1981)
Dirección e guión: Carlos Rodríguez Sanz e Manuel Coronado. Produción: Carlos Rodríguez Sanz e Taller SA. Fotografía: M.A. Trujillo. Duración: 80 minutos.
Un xardín mal coidado e personaxes ensimesmados en compulsivas actividades repetitivas. Á casa chegan por sorpresa un grupo de teatro e unha orquestra que non alterarán a rutina dun arrepiante universo paralelo ao noso. Documental sobre a vida cotiá nun hospital psiquiátrico, que deu carta de natureza ao rexistro de psicopatoloxías ata ese momento vedadas, co que se facilita un dos mellores traballos do fértil período cinematográfico da transición política española.