![Peter Brandon](https://filmotecadegalicia.xunta.gal/sites/w_pcgai/files/styles/large/public/peter_brandon.jpg?itok=NzgFm3FD)
Peter Brandon
Peter Brandon
Pedro Brandariz, María Tasende, Xose A. Touriñán, Marcos Pereiro, María Costas, Xose M. Esperante, Daniel Vilaverde, Evaristo Calvo, Isabel Risco, Enrique Lojo, David Amor, Bruno Martín
- 60 minutos
Pedro Brandariz é un cómico galego que, a punto de cumprir 40 anos, está perdido na vida. Perdeu a ilusión polo seu traballo e séntese estancado profesionalmente. Quere dar o paso definitivo cara ao seu éxito, facerse co público máis novo e ser recordado polo seu novo estilo de comedia. Para conseguilo adopta unha nova identidade, agora Pedro Brandariz é Peter Brandon.
Peter Brandon é unha comedia galega con tinturas dramáticas que satiriza o sector audiovisual a través duns personaxes inadaptados que queren atopar o seu lugar no mundo. (Carballo Interplay)
- Ano:2017
- Países de produción: España
- Guión: Óscar Cruz
- Fotografía: Dani Graña