ANIMACIÓN EN LA SALA DE ESPERA
Carlos Rodríguez Sanz e Manuel Coronado, 1981.
80´. Vídeo. Entrada gratuíta.
ANIMACIÓN EN LA SALA DE ESPERA
(España, 1981)
Dirección e guión: Carlos Rodríguez Sanz e Manuel Coronado. Produción: Carlos Rodríguez Sanz e Taller SA. Fotografía: M.A. Trujillo. Duración: 80 minutos.
Un xardín mal coidado e personaxes ensimesmados en compulsivas actividades repetitivas. Á casa chegan por sorpresa un grupo de teatro e unha orquestra que non alterarán a rutina dun arrepiante universo paralelo ao noso. Documental sobre a vida cotiá nun hospital psiquiátrico, que deu carta de natureza ao rexistro de psicopatoloxías ata entón vedadas facilitando un dos mellores traballos do período.