EVENTIDE
Weronika Banach, Agnieszka Miler, Alicaja Pasternak, Angelika Piekacz, Weronika Szalapska
- 30 min.
No que é á vez unha culminación e un punto de partida, a última película de Sharon Lockhart, EVENTIDE (2022), é un plano longo meditativo e non narrativo que utiliza a coreografía para explorar a paisaxe, as relacións comunitarias, a busca solitaria, a resistencia psíquica e o xogo de luces movéndose a través da escuridade. Situando o drama en tempo real no momento en que a tarde esvaece na noite, esta é quizais a imaxe en movemento máis óptica e pictórica de Lockhart ata a data, compoñendo figuras, escenografía e paisaxes sonoras en alegorías e abstraccións. A aposta da artista por formas asociadas á danza en traballos anteriores percíbese aquí tamén a medida que a aparencia inicial dun individuo convértese devagar nunha cultura e nuna reunión. Unha asombrosa cantidade de estrelas emerxen brillantes no ceo crepuscular, brillando como un corolario distante da crecente constelación de corpos errantes que escanean a praia cuberta de rochas coa luz dun teléfono celular en busca do que non sabemos. A pasaxe das estrelas fugaces e a escorregadura dos satélites pon de relevo o ritmo, que doutro xeito sería mesurado. Filmada na costa sueca cun grupo moi unido de amigos cos que Lockhart estivo involucrado durante años, EVENTIDE preocúpase polo dó e polo futuro. (Sarah Lehrer-Graiwer)
-
Desencadres
L. Cohen
EVENTIDE
Versión lingüística:VOFormato:DCPCoa colaboración da Agrupación Astronómica Coruñesa Ío.
- Ano:2022
- Países de produción: Estados Unidos, Suecia
- Produtora(s): Lockhart Studio