AMERICAN SPLENDOR
Shari Springer Berman, Robert Pulcini, 2003.
101’. Subtítulos en castelán.
AMERICAN SPLENDOR
(Estados Unidos, 2003)
Dirección e guión: Shari Springer Berman, Robert Pulcini. Produción: Ted Hope / Good Machine. Fotografía: Terry Stacey. Intérpretes: Paul Giamatti, James Urbaniak, Chris Ambrose, Joey Krajcar. Dur.: 101 min.
Harvey Pekar, administrativo nun hospital, é capaz de disertar sobre o declive da cultura americana ou sobre os novos sabores das gominolas. Acumulador de libros, cómics e LPs, un día coñece a Robert Crumb, cando este está preparando o seu “Gato Fritz” e que nese momento é un mero coleccionista de discos e deseñador de postais.