ACABA DE PASAR
Anja Salomonowitz, 2006.
72´. Subtítulos en galego.
KURZ DAVOR IST ES PASSIERT / [ACABA DE PASAR]
(Austria, 2006)
Dirección e guión: Anja Salomonowitz. Produción: Amour Fou Filmproduktion. Fotografía: Jo Molitoris. Duración: 72 minutos.
Confrontación artística sobre o fenómeno global do tráfico de mulleres, baseada en feitos reais reescritos. As historias non son contadas por vítimas senón por persoas que teñen unha relación directa cos feitos: un oficial de aduanas, o habitante dunha vila, o camareiro dun bordel, unha diplomática e un taxista.