Programa 4 | (Im)perfectas ópticas da representación
- 87 min.
Living Archaeology in Gaza
Forensic Architecture, Reino Unido, 2022
11 min, DCP, inglés, VOSE
Il n’y aura plus de nuit
Éléonore Weber, Francia, 2020
76 min, DCP, francés, VOSE
O grupo de investigación multidisciplinar Forensic Architecture, que utiliza técnicas e tecnoloxías arquitectónicas para examinar casos de violacións dos dereitos humanos, explora en Living Archaeology in Gaza a supervivencia da herdanza arqueolóxica en Palestina. Aliñando todas as imaxes dispoñibles e escavando dixitalmente os vestixios milenarios, evidencia a fráxil pervivencia do patrimonio e a historia palestina tras décadas de bombardeos.
Nas guerras actuais xa non queda nada oculto. Os helicópteros sobrevoan Oriente Medio con poderosas cámaras térmicas. Os soldados localizan de noite ás persoas designadas como inimigas, convertidas en trazos espectrais. A cineasta e directora teatral Éléonore Weber investiga as imaxes nocturnas bélicas para escribir un ensaio acerca dos conflitos contemporáneos. Analizando vídeos e escoitando testemuños, reflexiona sobre a capacidade de ver e ser visto, sobre os razoamentos de quen combate e a súa extrema deshumanización.
- Ano:2020-2022
- Países de produción: Francia, Reino Unido