Yi dai Zong Shi/ The Grandmaster
Wong Kar-wai, 2013
123'. DCP. Subt. Castelán.
YI DAI ZONG SHI / THE GRANDMASTER
(China, 2013)
Dirección: Wong Kar-wai. Guión: Wong Kar-wai, Zou Jingzhi, Xu Haofeng. Intérpretes: Tony Leung, Zhang Ziyi, Chen Chang, Wang Qingxiang, Shang Tielong. Dur.: 123'.
A película é o retrato dunha época desaparecida e relata a historia de Ip Man, gran mestre de Kung Fu e lendario profesor de Bruce Lee. Ip Man nace en Foshan, ao sur da China, no seo dunha familia acomodada. A súa muller Zhang Yongcheng pertence a unha familia emparentada coa nobreza manchú. A paixón que Ip Man sente polo estilo Wing Chun lévao decote ao Pavillón de Ouro, un elegante bordel onde se reúnen os mestres de Kung Fu e onde as damas posúen segredos dalgúns movementos de artes marciais. En 1936, China é presa da axitación política. Xapón invade as provincias do nordeste que forman a rexión de Manchuria.