Xtreaming
Alexandre Argibai e Mikel Otxoteko, 2013
13'. Vídeo. Presentación de Alexandre Argibai. Entrada de balde.
XTREAMING / STREAMING (STREAM FILM#1)
(España, 2013)
Dirección, guión e produción: Alexandre Argibai e Mikel Otxoteko. Duración: 13 minutos.
“Traballo en proceso que presenta unha forma de facer audiovisual à-quatre-mains. Ao longo de 6 meses, e partindo da técnica do cadavre-exquis, compartimos a través da rede pequenos fragmentos de vídeo que íamos xerando por separado na distancia e que foron ensamblados conxuntamente con posterioridade” (Alexandre Argibai).