El enemigo de las rubias
The Lodger
Mary Ault, Arthur Chesney, June Tripp, Malcolm Keen, Ivor Novello
- 91 minutos
En Londres, a policía extrae das augas do Támesis o cadáver dunha moza loira, nova vítima dun asasino ao que chaman ‘O Vingador’ e do que só se sabe que comete un crime cada semana, que mata rapazas loiras e que se cobre cunha longa capa negra e que leva un pequeno maletín tamén negro. A cidade está sumida nun clima de terror… “Comezan a albiscarse os primeiros indicios de Hitchcock maduro neste filme de suspense da súa primeira época, que non é, con todo, a historia de Jack o Destripador, senón máis ben a da crecente vaga de histeria que provocan os atropelos de Jack entre a poboación, que culmina cando un estraño e reservado individuo alleo aos feitos está a piques de ser linchado. A sombría atmosfera, de influencia alemá, e as imaxes nebulosas, non conseguen ocultar o cinismo subxacente, nin a lixeira sensación de que o home é un ser fundamentalmente malvado.” (Naomi Wise)
-
-
Clásicos do cine
El enemigo de las rubias
Versión lingüística:MudaFormato:16mm.Rótulos en inglés
-
Clásicos do cine
El enemigo de las rubias
Versión lingüística:MudaFormato:16mm.Rótulos en inglés
- Ano:1927
- Países de produción: Reino Unido
- Guión: Eliot Stannard; Marie Belloc Lowndes
- Fotografía: Gaetano de Ventimiglia
- Montaxe: Ivor Montagu
- Produtora(s): Gainsborough Pictures