![Women Who Kill Women Who Kill](https://filmotecadegalicia.xunta.gal/sites/w_pcgai/files/styles/cover/public/programacion_3825.jpg?itok=dBZd3CTW)
Women Who Kill
Ingrid Jungermann, 2016
93'
Women Who Kill
Ingrid Jungermann, 2016
Sinopse: Morgan e a súa exmoza Jean, famosas podcasters locais especializadas en asasinas en serie, comezan a sospeitar de Simone, o novo amor de Morgan, quen podería ser unha asasina.
Escrita, dirixida e interpretada por Ingrid Jungermann. WWK é unha divertida comedia romántica de temática LGTB cargada de suspense e que ten por lema “O amor non é romance, é supervivencia”.
Gañadora do premio ao Mellor Guión no Tribeca Film Festival 2016 e no Outfest 2016. Resultou tamén gañadora do premio a Mellor Película nos festivais: Indie Street Film Festival 2016 e Oslo Fusion Film Festival 2016
Distribuidora: The Film collaborative http://www.thefilmcollaborative.org/
Ingrid Jungermann (Florida, EEUU, 1977). Guionista, directora e actriz. Co-creadora da serie web THE SLOPE e creadora e directora da serie web F TO 7TH, nomeada aos The Writers Guild Awards. Ingrid foi unha das 100 Persoas do Ano da revista Filmmaker Magazine, “25 Faces of Independent Filme e Out Magazine”. O seu debut, WOMEN WHO KILL, Tivo a sua Estrea na Sección Oficial do Tribeca Film Festival de 2016, onde se fixo co Premio do Xurado ao Mellor Guión. Recentemente foi nomeada para os Indie-Spirit-Award-Nominations e entrou a formar parte da lista FilmTwo Fellows (2017) do Sundance Institute.