THE WILD BLUE YONDER
Werner Herzog, 2005.
80´. Subtítulos en galego.
THE WILD BLUE YONDER
(Gran Bretaña-Estados Unidos-Francia-Alemaña, 2005)
Dirección e guión: Werner Herzog. Produción: Werner Herzog Filmproduktion, West Park Pictures Produktion, Tétra Mèdia en colaboración con BBC, FR2 e CNC. Fotografía: Henry Kaiser, Tanja Koop e Klaus Scheurich. Intérpretes: Brad Dourif, capitán Donald Williams. Duración: 80 minutos.
Un extraterrestre que vive na Terra conta o relato da heroica viaxe dunha nave cara a un planeta chamado Yonder e situado nos confíns do universo coñecido. A nave ten un curioso obxectivo: encontrar un planeta habitable para a Humanidade, ameazada por un grave virus. Magnífica banda sonora en correlación —como en toda a produción, de Herzog— con imaxes fermosas, resultado da mestura de material orixinal da NASA combinado con filmacións propias. Premio Fipresci nunha das seccións paralelas en Venecia.