Whisky galore! / Whisky a gogó
Alexander MacKendrick, 1949
82'. DCP. Subt. Castelán
WHISKY GALORE! / WHISKY A GOGÓ
(Reino Unido, 1949)
Dirección: Alexander MacKendrick. Producción: Ealing Studios. Guión: Compton MacKenzie, Angus MacPhail. Fotografía: Douglas Slocombe. Intérpretes: Basil Radford, Catherine Lacey, Bruce Seaton, Joan Greenwood. Dur.: 82'.
Os habitantes de Todday (unha das illas que forman o arquipélago das Hébridas) son xente sinxela que sabe gozar dos praceres da vida. Con todo, en 1943, por mor da guerra, interrompeuse a subministración de whisky e isto sumiu os habitantes nunha fonda depresión. “Talvez, a principal virtude da primeira comedia Ealing de MacKendrick resida na súa capacidade para transmitir esa sensación de felicidade partillada que se apodera dos habitantes de Todday cando a beberaxe máxica (…) comeza a correr polas súas veas.” (Asier Arazubía Cob, Alexander MacKendrick, Cátedra, 2011)
-
-
-
O Free Cinema e a tradición realista no cine británico
Whisky galore! / Whisky a gogó
Versión lingüística:VOSGFormato:35mm.Sección do ciclo: 'O ciclo Ealing'.