
O Free Cinema e a tradición realista no cine británico
Do 1 de decembro de 2001 ao 9 de febreiro de 2002
Ciclo impulsado desde o Festival Internacional de Cine de Gijón como primeiro froito do proxecto 'Novos Cines', que terá continuidade en anos vindeiros. Aínda que centrado no Free Cinema, o movemento renovador que supuxo a introducción dun sopro de aire fresco na industria cinematográfica británica, o ciclo rastrexa igualmente a tradición realista na que se inscribía (os documentalistas dos anos trinta e corenta) e as súas consecuencias nos anos setenta, oitenta, ata chegar ós novos cineastas "realistas".
O catálogo do ciclo está coordinado por Carlos F. Heredero e José Enrique Monterde e editado polo IVAC-La Filmoteca dentro da súa colección Textos, coa colaboración das outras institucións participantes (Festival de Gijón, Filmoteca Española e CGAl).
No CGAl están previstas un total de 24 sesións que se estenderan ata febreiro de 2002. A estrutura do ciclo é a seguinte:
- A tradición documental: os anos trinta
- A tradición documental: os anos da guerra
- O ciclo Ealing
- As sesións do Free Cinema
- Antes do Free Cinema
- A plenitude industrial do Free Cinema
- O declive do Free Cinema
- Ó redor do Free Cinema
- Reconstruíndo o contexto do Free Cinema
- Despois do Free Cinema
- O novo cine realista
Nota: A itinerancia e a diversidade de procedencia das copias impide unha ordenación cronolóxica do ciclo.
En colaboración con: Festival Internacional de Cine de Gijón, Filmoteca Española e IVAC-La Filmoteca.

Ábrete de orejas

Wonderland

Play Me Something

Where is the Money, Ronnie?

Gallivant

Un lugar en la cumbre

Mirando hacia atrás con ira

If...

Sábado noche, domingo mañana

El knack... y cómo conseguirlo

THE WAR GAME

Vacuuming Completely Nude in Paradise

Strumpet

Kes

Rage

Like Father

Scum

Whisky galore! / Whisky a gogó

Bleak Moments
