What's happening! The Beatles in USA
Albert Maysles, David Maysles, Susan Fromke, Kathy Dougherty, 1964
81’. Vídeo. Subt. Castelán.
WHAT’S HAPPENING! THE BEATLES IN THE USA
(Estados Unidos, 1964)
Dirección: Albert Maysles, David Maysles, Susan Fromke, Kathy Dougherty. Produción: Susan Fromke e Neil Aspinall. Fotografía: Albert Maysles. Duración: 81 minutos.
What’s Happening! The Beatles in the USA recolle, de xeito humorístico, cándido e pouco convencional, a chegada dos Beatles a América en febreiro de 1964. Os Maysles seguiron os “Fab Four” durante cinco días, desde a recepción entolecida no aeroporto JFK, os seus momentos íntimos dentro do hotel Plaza, preparando a súa mítica aparición no show de Ed Sullivan, ata a súa volta á casa, tamén entre multitudes histéricas. Este filme que inspirou A Hard Day’s Night (1964) de Richard Lester, reeditouse en 1999 por Apple Corps. baixo o título de The Beatles: The First US Visit.