WALL-E
Andrew Stanton, 2007
99´. Versión castelá. Entrada gratuíta.
WALL-E / BATALLÓN DE LIMPEZA
(Estados Unidos, 2007)
Dirección: Andrew Stanton. Guión: Andrew Stanton e Jim Reardon. Produción: Pixar Animation Studios e Walt Disney Pictures. Duración: 99 minutos.
No século XXI, a Terra réxese pola corporación “Buy n Large”, causando unha produción excesiva de lixo que acaba cubrindo toda a Terra. Para resolver a situación os humanos trasládanse a luxosas naves espaciais mentres un exército de robots limpan o planeta. Pero o plan fracasa e os humanos establécense no espazo de maneira indefinida. Tras setecentos anos só un robot, Wall-e (Waste Allocation Load Lifter-Earth class), continúa na Terra e logra desenvolver emocións e personalidade propia: curioso, romántico e con sensación de soidade. Un día chega á Terra unha robot exploradora, Eva, de quen namora ao instante e persegue nunha viaxe que supón unha das aventuras máis enxeñosa, poética e emotiva do cine. Óscar e Globo de Ouro á mellor película de animación, dirixida por Andrew Stanton, autor de Bichos e Buscando a Nemo, é comparada con Chaplin, Keaton e clásicos como 2001, una odisea del espacio.