WAKING LIFE
Richard Linklater, 2001.
99´. Subtítulos en castelán.
WAKING LIFE
(Estados Unidos, 2001)
Dirección e guión: Richard Linklater. Produción: Thousand Works, Flat Black Films, Detour Filmproduction, Line Research, Fox Searchlight Pictures, Independent Film Channel. Fotografía: Richard Linklater e Tommy Pallotta. Duración: 99 minutos.
Un rapaz ten un soño no que pode flotar. Se non se mantén ben amarrado, será arrastrado pola corrente ao ceo, esvarando dentro e fóra de distintas escenas e atopando varios personaxes. Richard Linklater recorre por vez primeira ao cinema de animación (a outra é a recente “Una mirada a la oscuridad”), sen desatender a súa proverbial sensibilidade literaria e filosófica. Para plasmar ideas ou imaxes mentais que lle interesaban sen restricións, Linklater primeiro filmou con personaxes reais (entre eles Ethan Hawke) facilitando un espectáculo onírico e delirante.