![VOCES DISTANTES](https://filmotecadegalicia.xunta.gal/sites/w_pcgai/files/styles/cover/public/hanway_films_filmimage_distantvoicestilllives.jpg?itok=Xwn4IyMj)
VOCES DISTANTES
Terence Davies, 1988
84´. Subtítulos en castelán.
DISTANT VOICES, STILL LIVES / VOCES DISTANTES (Gran Bretaña, 1988) Dirección e guión: Terence Davies. Produción: British Film Institute, Channel Four Films e ZDF. Fotografía: William Diver, Patrick Duval. Intérpretes: Freda Dowie, Pete Postlethwaite, Lorraine Ashbourne. Duración: 84 minutos. Terence Davies sérvese da forma que a memoria posúe para almacenar cancións, sons, lugares e situacións para crear un díptico no que reconstrúe a vida dunha familia de clase traballadora antes e despois da morte do pai, cuxos violentos arrebatos quedaran gravados na nai e nos tres irmáns para sempre. Obra mestra sobre a Inglaterra da posguerra e revelación internacional do autor, obtivo, entre outros galardóns, o premio Fipresci no Festival de Cannes, o Leopardo de Ouro en Locarno e a Espiga de Ouro en Valladolid, ademais de premios da crítica en Los Angeles e Toronto.