![Viridiana Viridiana](https://filmotecadegalicia.xunta.gal/sites/w_pcgai/files/styles/cover/public/programacion_3842.jpg?itok=pr4xWAxT)
Viridiana
Luis Buñuel, 1961
90'. 35mm
Viridiana
(España, México, 1961)
Dirección: Luis Buñuel. Guión: Julio Alejandro, Luis Buñuel. Fotografía: José F. Aguayo. Intérpretes: Silvia Pinal, Fernando Rey, Francisco Rabal. Dur: 90'.
O cabaleiro Don Jaime vive retirado na súa facenda dende a morte da súa esposa, sucedida o día do casamento. Recibe a visita da súa sobriña Viridiana, noviza nun convento que garda un gran parecido coa finada muller do fidalgo.
“(...) Se lle facemos caso a Emilio García Riera, no personaxe do “vello cabaleiro español”, miñaxoia, humilde, capaz de namorarse violentamente, voyeur e fetichista que encarna Fernando Rey en Viridiana (1961) maniféstase “o espírito do catolicismo español a través dunha vocación pola morte perante a imposibilidade de atinxir o absoluto na vida”. (...)
No fondo o que Buñuel leva a cabo en Viridiana non é outra cousa que fundir nun filme-crisol o conxunto de tradicións culturais que dotan de densidade a cultura española. A síntese é abraiante: O Arcipreste, a Picaresca, Quevedo, Goya, Pérez-Galdós, Valle-Inclán... Ou, se se prefire unha formulación máis teórica, a fusión nun único acorde das máis ricas vetas que irrigou a esencia cultural da arte española, da que Viridiana constitúe un dos cumios maiores: o costumismo, si; mais tamén o esperpento. A vontade vangardista encarnada nun surrealismo singular, por suposto; pero xunto ao anterior esa apelación ao mito que exerce en moitas das súas imaxes e sons. (...)”
Zunzunegui, Santos, “Algo así como espiñas”, en Fernando Rey: cabaleiro do cinema (1917-2017), Castro de Paz, José Luis e Ventureira, Rubén (ed.), Concello da Coruña, 2017.