
Viola
Matías Piñeiro, 2012.
65'. DCP. Presentación a cargo do seu autor. Entrada de balde.
VIOLA
(Arxentina, 2012)
Dirección e guión: Matías Piñeiro. Produción: Revolver Films. Fotografía: Fernando Lockett. Intérpretes: María Villar, Agustina Muñoz. Duración: 65 minutos.
A recoñecida e coherente filmografía de Matías Piñeiro achega unha peza máis logo de excelentes títulos que puidemos ver no CGAI presentados –como nesta ocasión- polo seu autor: El hombre robado, Todos mienten ou Rosalinda. Partindo de novo de Shakespeare (Noite de Reis), conta a historia de Viola, unha moza que reparte películas gravadas en DVD e traballa para a empresa (pirata) do seu mozo, Metrópolis. Un filme lúdico e teatralizante, cheo de ritmo e que confirma plenamente o talento de Piñeiro.