
Vértigo
Alfred Hitchcock, 1958.
128’. DCP. Subt. castelán.
VERTIGO / VÉRTIGO
(Estados Unidos, 1958)
Dirección: Alfred Hitchcock. Guión: Alec Coppel e Samuel Taylor, sobre a novela D’Entre les morts de Pierre Boileau e Thomas Narcejac. Produción: Paramount e Alfred Hitchcock. Fotografía: Robert Burks. Intérpretes: James Stewart, Kim Novak, Barbara Bel Geddes. Duración: 128 min.
Un policía que padece vertixe, Scottie Ferguson, sofre a perda dun compañeiro nunha persecución. Detective do corpo de policía en San Francisco, Scottie vese obrigado a retirarse. Un antigo compañeiro de estudos encárgalle a vixilancia da súa muller, Madeleine, ofuscada cunha bisavoa, Carlota Valdés, morta un século antes. Scottie comeza a seguila, progresivamente fascinado por ela. Un dos cumios da obra de Hitchcock puntuado pola sublime banda sonora de Bernard Herrman. Uso virtuoso do zoom, despregamento histórico do delirio da mirada e as posibilidades visuais na plasmación do persoal manierismo do artista británico, posúe unha fonte inesgotable de elementos e temas (a paixón amorosa, a identidade esluída, o dobre, a obsesión,…) con inspiradas e admirables sorpresas narrativas.