VERNON, FLORIDA
Errol Morris, 1981
72’. Vídeo. Subtítulos en galego.
Coloquio en torno a Errol Morris moderado por José Manuel Sande.
VERNON, FLORIDA
(Estados Unidos, 1981)
Dirección e guión: Errol Morris. Produción: Errol Morris/ WNET Channel 13. Fotografía: Ned Burgess. Dur.: 72 min.
Todos os habitantes de Vernon (883) solicitaran nos anos 70 indemnizacións por fracturas a compañías de seguros. Morris le nun xornal este dato e acaba indo a esta vila de Florida para observar un bo repertorio de particularidades. A habilidade para o retrato colectivo nunha narración chea de humor e patetismo, que parte da mestura de paciencia e perspicacia do realizador para estruturar un tratado moi próximo ao absurdo existencial.