URXA
Carlos A. López Piñeiro e Alfredo García Pinal, 1989.
87´. Entrada gratuíta.
URXA
(España, 1989)
Dirección e guión: Carlos A. López Piñeiro e Alfredo García Pinal. Produción: Carlos López Piñeiro PC, TVG. Fotografía: Javier Serrano. Intérpretes: Luma Gómez, Ernesto Chao, Miguel Pernas. Duración: 87 minutos.
Un dos primeiros títulos en formato cinematográfico realizados en Galicia e codirixido por un dos seus pioneiros. Estruturado en tres historias, a última delas (“O ídolo de Mider”) toma numerosos elementos que atopan a súa orixe no relato “El ídolo de las Cícladas” (Final del juego). Por medio dunha meiga, Urxa, asistimos á transmisión dun saber atávico, á procura dun tesouro e ao achado dun misterioso ídolo por unha arqueóloga.