4ª sesión cine de vangardas
- 70 min.
LE COQUILLE ET LE CLERGYMAN (A concha e o reverendo) Francia, 1929. Dirección e producción: Germaine Dulac. Guión: Antonin Artaud. Fotografía: Paul Guichard. Intérpretes: Alex Alin, Genica Athanasiou, Lucien Bataille.
A PROPOS DE NICE (A propósito de Niza) Francia, 1930. Dirección, guión e montaxe: Jean Vigo. Producción: Jean Vigo, Pathé-Nathan. Fotografta: Boris Kaufman.
-
Cine de vangardas: 1915-1947
4ª sesión cine de vangardas
Versión lingüística:MudaFormato:16mm.Rótulos en francés.
-
Cine de vangardas: 1915-1947 Auditorio da Universidade
4ª sesión cine de vangardas
Versión lingüística:MudaFormato:16mm.Rótulos en francés.
-
Cine de vangardas: 1915-1947 Escola Universitaria de Maxisterio
4ª sesión cine de vangardas
Versión lingüística:MudaFormato:16mm.Rótulos en francés.
-
Cine de vangardas: 1915-1947 Auditorio Centro Cultural Cidade de Vigo
4ª sesión cine de vangardas
Versión lingüística:MudaFormato:16mm.Rótulos en francés.
-
Cine de vangardas: 1915-1947 Teatro Principal
4ª sesión cine de vangardas
Versión lingüística:MudaFormato:16mm.Rótulos en francés.
-
Cine de vangardas: 1915-1947 Salón de Actos da Biblioteca Pública
4ª sesión cine de vangardas
Versión lingüística:MudaFormato:16mm.Rótulos en francés.
- Ano:1929-1930
- Países de produción: Francia
En catálogo do ciclo 'Cine de vangardas. 1915-1947' (1993)
José Luis Castro de Paz
(...) violento guión surrealista, que busca a participación activa do espectador para producir sentidos, creando nel un efecto similar ó do estado onírico (pero sen que isto implique pasividade) e unha posta en escena encamiñada á consecución dunha "montaxe musical" (outros títulos da filmografía de Dulac, realizados por estas mesmas datas, entre 1927 e 1930: Disque 927, Arabesque ou Theme et Variation, son suficientemente elocuentes) resultado dunha concepción do cine baseada na "pureza" das imaxes, confiada nas propiedades visuais destas e nas relacións plásticas e armónicas que entre elas poden establecerse e que considera ó espectador como receptor pasivo dos efectos simbólicos e poéticos resultantes.
Todo isto convirte a Le Coquille et le Clergyman nun texto filmico en extremo interesante por un estraño lugar que ocupa na Historia do Cine como "fallido" precursor -pero fundamental, ó fin e á postre, xa que a nómina de fimes surrealistas é exigua- das tortuosas relacións entre o cinema e a vangarda surreal.
Moi alonxada da anterior, pero non por isto fóra da órbita do surrealismo -con ela a relacionan historiadores da talla de Kirou, Sadoul ou Mitry-encóntrase a mediametraxe documental À propos de Nice, primeiro eslabón na curta pero fascinante filmografia de Jean Vigo (1905-1934). Un surrealismo, en todo caso, heterodoxo e poderosamente persoal, máis espontáneo ca reflexivo, ligado a unha decidida busca da liberdade formal que repudia as normas establecidas -os métodos de producción dos grandes estudios- e ó gusto por asociacións provocadoras, pero que, como ben indica o subtitulo do film: point de vue documenté, non oculta unha inequívoca vontade de denuncia, un claro posicionamento ideolóxico que o arreda decididamente do surrealismo "canónico" (as relacións surrealismo-activismo comunista foron, como se sabe, farto complexas) e a súa "escritura automática".