UNO ROJO: DIVISIÓN DE CHOQUE
Samuel Fuller, 1980
158'. Vídeo. Subtítulos en castelán.
THE BIG RED ONE / UNO ROJO: DIVISIÓN DE CHOQUE
(Estados Unidos, 1980)
Dirección e guión: Samuel Fuller. Produción: Lorimar Productions. Fotografía: Adam Greenberg. Intérpretes: Lee Marvin, Mark Hamill. Duración: 113 e 158 minutos.
Catro soldados da división de infantaría combaten conducidos polo seu sarxento a través dos campos de batalla de media Europa. O último filme bélico de Fuller contén unha sagaz estrutura cíclica e itinerante ao tempo que, cheo de crueza e realismo, como a guerra mesma, se amosa biorrítmico, epidérmico, fluído e salpicado de momentos memorables. Vello proxecto do autor (en 1957 Zanuck e John Wayne estiveron preto de levalo a cabo), a intervención do entón influente Peter Bogdanovich facilitou a súa realización. A montaxe primeira de Fuller tiña 6 horas, que progresivamente reducidas darían lugar ás dúas montaxes que ofrecemos.