![UNE SALE HISTOIRE](https://filmotecadegalicia.xunta.gal/sites/w_pcgai/files/styles/cover/public/dirtystory-1.jpg?itok=9JhoSxxY)
UNE SALE HISTOIRE
Jean Eustache, 1977
50´. Subtítulos en galego.
UNE SALE HISTOIRE / [UNHA HISTORIA SUCIA] (Francia, 1977) Dirección: Jean Eustache. Guión: Jean-Nöel Picq. Produción: Les Films du Losange. Fotografía: Jacques Renard (ficción); Pierre L´Homme e Michel Cenet (documental). Intérpretes: Michel Lonsdale (ficción), Jean-Nöel Picq (documental). Duración: 50 minutos. Dúas películas en unha que recibiron a cualificación X en Francia a pesar de non amosar, practicamente, máis que a un home falando. Unha ficción filmada onde o actor Michel Lonsdale interpreta a un voyeur en recuperación vai seguida dun segmento documental onde o guionista, Picq, conta a súa experiencia. Sórdida, fascinante e incómoda, o propio Eustache remataba a polémica: “vai acerca do sexo como espello da alma; cando un toca a alma, o tabú do sexo permanece. Amosei que o sexo non ten nada que ver coa moral, nin sequera coa estética. O sexo é unha cuestión metafísica”.
-
-
Les Films du Losange
Véronique et son cancre
La panadera de Monceau
UNE SALE HISTOIRE
Versión lingüística:VOSGFormato:35mm. -
Les Films du Losange
Véronique et son cancre
La panadera de Monceau
UNE SALE HISTOIRE
Versión lingüística:VOSGFormato:35mm.