Les Films du Losange
Do 8 de marzo de 1996 ao 27 de abril de 1996
Fundada a comenzos dos anos 60 polo logo director Barbet Schroeder, Les Films du Losange produce os dous primeiros Contos Morais de Eric Rohmer e o film colectivo Paris vu par... (1965), especie de manifesto-resumo da Nouvelle Vague no que interveñen, a máis do propio Rohmer, Godard, Chabrol, Rouch, Pollet e Douchet. Pódise decir que, basicamente, Les Films du Losange estaba moi próxima a Cahiers du Cinema, constituíndo unha especie de prolongación estética da revista, de aí a súa consagración a autores como Jacques Rivette, Marguerite Duras, Jean Eustache, os alemáns Wenders, Fassbinder ou Von Trotta, e máis recentemente xoves valores como Jean-Claude Brisseau, sen esquecernos da práctica totalidade da obra de Romer ou das primeiras películas dirixidas polo propio Schroeder. O ciclo iníciase o día 8 coa mencionada Paris vu par... e segue en vindeiras semanas con películas de Marguerite Duras, Barbet Schroeder, Roger Planchon, Eric Rohmer, Jean-Claude Brisseau e Jean Eustache.