Une histoire seule
Xurxo Chirro e Aguinaldo Fructuoso, 2013
87'. Vídeo. Presentación a cargo de Xurxo Chirro e Carlos Losilla. Entrada de balde.
UNE HISTORE SEULE
(España, 2013)
Dirección: Xurxo Chirro e Aguinaldo Fructuoso. Guión: Xurxo Chirro. Produción: A herbiña do marraxo. Fotografía: Aguinaldo Fructuoso. Intérpretes: Paul Berney, Clara Brancorsini. Duración: 87 minutos.
Logo do éxito artístico de Vikingland (2011), volve o director, programador, xestor e historiador Xurxo Chirro, unha das grandes personalidades do cine radicadas en Galicia. Esta vez acompañado de Aguinaldo Fructuoso e na procura dun dos mitos viventes do cine, Jean-Luc Godard. Ambos a dous establecen unha peregrinación a Rolle, a poboación suíza onde se encontra o cineasta. A sedución que exerce a cidade, a curiosidade insaciable da viaxe mesma e un particular sentido da orientación quizais os leven por outros camiños. Chegarán os directores ata Godard? Un filme vitalista, retranqueiro, de ritmo sosegado e persoal, construído sobre o feito de viaxaren e faceren cine.