Unconquered / Los inconquistables
Cecil B. DeMille., 1947
146'. DCP. Subt. Castelán
Unconquered / Los inconquistables
(Estados Unidos, 1947)
Dirección: Cecil B. DeMille. Guión: Charles Bennett, Fredric M. Frank, Jesse Lasky Jr. Fotografía: Ray Rennahan. Intérpretes: Gary Cooper, Paulette Goddard, Boris Karloff, Howard Da Silva. Dur: 146'
É o ano 1763, pouco antes da Guerra de Independencia. Paulette Godard, a rapariga de Tempos modernos de Charles Chaplin, dá vida nesta adaptación da novela de Neil H. Swanson a unha moza británica que é deportada ás colonias alén do mar para servir de escrava. No navío en que viaxa rescátaa e libéraa un aposto aventureiro, coa cara de Gary Cooper, mais ao chegar ao seu destino, un malvado político intenta poñela de novo ao seu servizo.
Dos filmes menos populares de DeMille, é, con todo, un exercicio narrativo ben resolvido, feito para a gloria das súas dúas grandes estrelas protagonistas. Conta con música de Victor Young, compositor de máis de 300 temas para o Hollywood clásico, que se fixo famoso por filmes lendarios como o Johnny Guitar de Nicholas Ray.